ConcellosEn portadaÚltima hora

Protección Civil da Rúa, Petín e Quiroga, entre os participantes no simulacro de accidente no túnel de Montefurado

 

A pasada noite o túnel de Montefurado (Quiroga), na estrada N-120, cortábase ao tráfico con motivo do simulacro dun accidente de tráfico con posible incendio. O obxectivo do mesmo era ” verificar o correcto funcionamento dos equipamentos, dos sistemas de seguridade e dos protocolos de actuación e evacuación previstos”, segundo avanzaba o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana. O incidente simulado consistía nunha colisión entre dous turismos e un incendio que se simulaba mediante a utilización dunha máquina de fumes quentes.

 

 

Tratábase dun simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (servizos de emerxencias, bombeiros, sanitarios, garda civil, xestores do túnel e protección civil) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Montefurado. Entre os participantes no operativo estaban os voluntarios das agrupacións de Protección Civil da Rúa, Petín e Quiroga.

Durante a preparación e realización do simulacro cortábase ao tráfico na N-120 e establecíanse desvíos de tráfico, garantindo a seguridade dos usuarios e dos servizos de emerxencia. Así, o tráfico na estrada N-120 cortábase en ambos os sentidos de circulación entre o km 476 (Montefurado) e o 483 (Bendilló), entre as 23:00 horas de mañá martes e as 03:00 horas do mércores, 18 de outubro.

Fotos: Protección Civil A Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button