EconomíaEconomíaÚltima hora

Publicadas as bases da liña de axudas para plantación de castiñeiros

O Diario Oficial de Galicia publica neste 14 de maio as bases das axudas para o fomento do castiñeiro cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros. O orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria e que os investimentos enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Así o destacaba a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha visita a unha plantación destas árbores no monte veciñal en man común de Parada dos Montes, no municipio lucense da Pobra do Brollón. Neste acto, a conselleira estivo acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Destas subvencións poderán beneficiarse as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos forestais, tanto os propietarios como os arrendatarios ou xestores.

Ligazón á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240514/AnuncioG0426-300424-0003_gl.html

Artigos relacionados

Back to top button