
Como cada ano dende hai 16, agás os da pandemia, Punxeiro (Viana do Bolo) celebrará a nova colleita e o viño recén elaborado coa súa Festa da Vendima-Ruta das Adegas, prevista para o 12 de outubro mantendo un esquema moi similar ao de anos anteriores.
As entradas anticipadas teñen un prezo de 15 euros e poden adquirirse en Agromerlego e Supermercado Triskel, así como o mesmo día da festa o día 12 de outubro nun posto á entrada da localidade (a partir das 17h.).
A cita incluirá degustación do viño novo e pinchos típicos da zona nas diferentes adegas do pobo, tralo pregón previsto para as 19 horas na praza. O percorrido estará animado polas charangas Sorcha, Charanga Nova de Trives e BBB.
Despois, a festa continuará ao ritmo da orquestra La Ocaband e La Banda de Ayer.