A Biblioteca Municipal do Concello de Verín acollía na tarde do 7 de agosto a presentación da obra “Uso simbólico do cuarzo na cultura Galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos”, do que é autor o antropólogo Rafael Quintía Pereira.
A través das páxinas deste libro (editado pola SAGA), Quintía (que na presentación estivo acompañado polo investigador Miguel Losada) parte do seixo como mineral e tamén como amuleto. De seguido, traza a relación do home con esta pedra ao longo dos séculos, tomando como referencia o rexistro arqueolóxico e comenzando xa no paleolítico galego e no contexto megalítico para logo pasar á Idade do Bronce, á Idade do Ferro, e completar esta incursión noutros contextos arqueolóxicos.
Este ensaio abrangue tamén a análise do uso do seixo no marco da etnografía galega: aplicacións con carácter protector, curativo ou favorecedor, como elemento construtivo no rural, como fito demarcatorio… E finalmente afóndase no carácter simbólico desta pedra.
Fotos cedidas pola Biblioteca Municipal de Verín e por José Rodríguez Cruz.