A RúaConcellosÚltima hora

“Quintos do 77” de Valdeorras celebran na Rúa o vinte aniversario da súa xuntanza

 

Un ano máis o grupo de “Quintos do 77” de Valdeorras reuníase na adega do Peyma en Fontei (A Rúa) para desfrutar dunha boa cea.

Levan anos reuníndose pero a xuntanza celebrada na noite do sábado 25 de febreiro, á que asistían 24 persoas, foi especial xa que celebraban o 20 aniversario. “Empezamos a facela no ano 2003 e dende entón só fallamos un ano”, lembra Manolo Núñez explicando que empezaron sendo doce e agora superan xa a vintena, estando abertos a todo aquel que queira unírselle para futuras reunións.

 

Ceando na Rúa./ Foto cedida.

 

Aínda que probaron en varios locais, levan xa uns quince anos ceando na adega onde onte degustaron un suculento menú a base de entremeses variados, centolas, cigalas, cabrito con ensalada, brazo de xitano e tarta xeada. Todo regado con viño godello e mencía de Valdeorras, café e cava.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button