CulturaCulturaÚltima hora

Reabre a sala de estudo da Biblioteca Municipal de Verín

Foto: Biblioteca Municipal de Verín.

 

Dende este mércores 23 de decembro a Biblioteca Municipal de Verín volve ter aberta a súa sala estudo. As persoas interesadas poderán usar de novo o espazo, sempre tendo en conta unha serie de medidas de prevención fronte aos contaxios por Covid-19.

En canto ao protocolo de seguridade, “os usuarios e usuarias deberán respectar en todo momento as medidas de hixiene e seguridade tanto no acceso como no interior da biblioteca. A distancia interpersoal garantirase coa limitación de aforo pertinente, quedando acoutada a separación entre as prazas dispoñibles. As xanelas permanecerán abertas para favorecer a correcta ventilación e as zonas de estudo están sinalizadas e delimitadas, sendo obrigatorio a desinfección das mesmas unha vez utilizadas”, tal e como informa o Concello de Verín.

A instalación municipal terá un horario inicial de 10h. a 13:30h. e de 16h. a 19:30 horas, de luns a venres, e de 11:30h. a 13:30h. os sábados.

Artigos relacionados

Back to top button