
Xa están abertas ao público as instalacións da Piscina Climatizada Municipal de Verín, co seu consecuente protocolo sanitario de protección fronte ao Covid-19. Entre as medidas figura o control de aforo, a obrigatoriedade de reservar cita previa, preferentemente por teléfono (988 41 41 84), aínda que tamén se pode realizar presencialmente.
O uso de máscara será obrigatorio en todas as instalacións para persoas maiores de seis anos,. Reforzaranse os labores de limpeza e instalaranse dosificadores de hidroxel, marcaxes no chan para delimitar distancias e circulacións, cartelería informativa, así como papeleiras con pedal. Este protocolo estará sometido ás oportunas modificacións de acordo á evolución da pandemia e das disposicións que adopten as autoridades sanitarias pertinentes, tal e como se informa dende o Concello.
O novo horario da instalación será o seguinte:
– LUNS A VENRES 7.00 h a 13.00 h |16.00 a 22.00 h
– SÁBADO : 9.00 h a 13.00 h | 16.00 h a 20.00 h
– DOMINGOS E FESTIVOS PECHADO