Os veteranos do CD Rúa están xa a pleno rendemento na cidade andaluza de Granada, onde se está disputando o V Torneo Internacional de Fútbol Veterano (V+35 e V+45) ‘Ciudad de la Alhambra’.
Despois de 12 horas de viaxe, onte pola noite chegaban a Granada onde eran recibidos pola organización e por Carmen e Lucía, as nenas ás que está dirixido o torneo, e os representantes do equipo facían entrega dos agasallos donados polo concelleiro de Deportes da Rúa, José Vicente Solarat López. E xa na mañá deste sábado 4 de xuño comezaban os partidos, cunha derrota e unha vitoria ata o momento.
No primero, contra Cantera Atlética, a sorte non estivo da parte dos rueses. Tras comezar cun 2-0 en contra remontaban e poñíanse 3-2 ganando pero de novo viñan dúas xogadas desafortunadas e acababan perdendo 4-3. “Mal resultado pero moi contentos co xogo”, din dende o Rúa que se resarcían no seguinte partido contra o Peña Real Madrid de Alcalá La Real que vencían 2-0.
Fotos cedidas.