OurenseÚltima hora

Reciclaxe e educación por un magosto “sostible e responsable” na cidade de Ourense

Ecovidrio instalará unha carpa o 11 de novembro no parque Barbaña onde se celebrará a festa a partir das cinco da tarde

Imaxe da presentación do Eco Magosto.

 

O vindeiro luns 11 de novembro, festividade de San Martiño, patrón de Ourense, celebrarase no parque Barbaña o tradicional magosto, declarado festa de interese turístico galego que este ano terá un carácter sostible e responsable. Para iso, o Concello desenvolverá, a través da Cocnellería de Medio Ambiente, unha novidosa campaña coa que busca involucrar os cidadáns de todas as idades a través de dúas accións moi concretas: a reciclaxe de vidro e a educación.

Así, Ecovidrio instalará no magosto popular do parque do Barbaña dous iglús onde cada ourensán poderá cambiar tres botellas ou tarros por unha árbore, o castiñeiro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. A segunda acción será o 12 de novembro, co obxectivo de chamar a atención sobre o impacto dos magostos no monte ourensán. Así, 300 nenos -dos centros de Salesianos e Maristas- percorrerán os arredores do Montealegre coa fin de limpar os restos dos efectos dos magostos.

 

Cartel do magosto sostible de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button