CulturaCulturaÚltima hora

Recitado múltiple de versos de Rosalía de Castro para celebrar o Día Europeo das Linguas

 

Nos soportais do Museo das Peregrinacións de Santiago, situado na praza das Praterías, tiña lugar esta mañá de 26 de setembro un acto para conmemorar o Día Europeo das Linguas. Nel peregrinos e estudantes Erasmus procedentes de toda Europa recitaban poemas galegos da poetisa Rosalía de Castro traducidos a cadansúa lingua.

A este acto, promovido pola Xunta acudía o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen explicou que con esta acción a Consellería de Cultura e Turismo quería mostrar “a diversidade lingüística de Europa”, así como “que o coñecemento de linguas é unha ponte que une sociedades e culturas”. García insistiu en que “non hai linguas pequenas, senón que todas son útiles e importantes”, polo que animou a aqueles que se achegan e, sobre todo, a aqueles que se establecen en Galicia a descubrir a lingua galega, ao tempo que lembrou que a Comunidade conta cos índices de coñecemento “máis altos de toda a historia e de todas as linguas cooficiais de España”.

Xunto co secretario xeral de Política Lingüística participaron no acto Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

 

Artigos relacionados

Back to top button