
A Esculqueira é unha das escasas aldeas do sueste da provincia de Ourense nas que aínda pervive a antiga Festa de Reis, que se celebra recén encetado o ano. Pero é a única que, tradicionamente, sempre estivo presidida por un Rei e por unha Raíña, que portan coroas e visten antigas capas. Este ano eran Jordi e Sandra.
Estes cargos, responsables da organización da festa, encabezaban novamente a comitiva que percorría na noitiña do 5 de xaneiro a localidade para cantar, casa por casa, o seu tradicional canto de Reis (que facía mención expresa á persoa que vive na casa onde se canta) e, deseguido, recoller os aguinaldos. Os veciños recibíanos con licores de doces.
Despois a veciñanza reuníanse no local social do pobo para compartir a primeira cea, seguida de novos banquetes ao mediodía e a noite que concluían nesta fin de semana.
Fotos cedidas polos veciños da Esculqueira.
