ConcellosO Barco

Remata a obra de mellora do cemitero do Barco co arranxo da zona civil

O investimento do Concello foi de 130.000 euros nas catro fases dos traballos

Zona civil do cemiterio do Barco./ Cedida.

 

Esta semana finalizaban as obras de mellora do Cemiterio Municipal do Barco, que se prolongaron, en catro fases, ao longo de tres anualidades. O investimento realizado neste
espazo, ata completar todos os traballos de remodelación, ascendeu a case que 130.000 euros, segundo informa esta administración local.

As obras consistiron na substitución de todo o chan das zonas máis antigas do cemiterio, nas que se colocou o mesmo taco de pedra que o elixido para as ampliacións realizadas anteriormente. Tamén se melloraron todas as canalizacións de auga e sumidoiros, así como os parterres de plantas e flores existentes no recinto.

A última fase do proxecto foi a mellora do cemiterio civil, un pequeno espazo no que se colocou o novo chan, ademais de facer unha profunda limpeza de todo o entorno e das árbores situadas ao seu carón.

Co remate dos traballos nesta zona dase por completado o proxecto, co que se conseguiu, según indica o concelleiro delegado do servizo do Cemiterio, Jesús Jares “que todo o recinto estea nunhas condicións moi boas”, co mesmo aspecto nas súas diferentes partes.

Artigos relacionados

Back to top button