ConcellosO BarcoÚltima hora

Reparto das plantas do proxecto “Flores no Camiño” no Barco

 

Esta mañá procedíase ao reparto das plantas do proxecto “Flores no Camiño” entre os veciños residentes nas rúas do Barco polas que pasa o Camiño de Inverno. Esta é xa a cuarta edición desta iniciativa promovida polo Concello.

Entregábanse na Praza de Abastos da vila plantas de surfinia, petunia, xeranio, conchita e verbena aos veciños residentes nas rúas indicadas, e que solicitaran previamente a súa participación.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button