ConcellosÚltima hora

A reserva hidráulica do Miño-Sil roza o 67% da súa capacidade

A situación dos encoros está 13 puntos por debaixo da media histórica, segundo a Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Encoro das Portas en Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

As escasas precipitacións desta primavera seguen tendo o seu reflexo máis claro na imaxe dos encoros. A reserva hidráulica da demarcación Miño-Sil está ao 66,52% da súa capacidade total, o que supón 13 puntos por baixo da media histórica. “Os encoros almacenan actualmente 2.014 hectómetros cúbicos (hm3) de auga, diminuíndo na última semana en 25 hm3 (o 0,8% da capacidade total dos encoros da demarcación)”, segundo informa a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

A reserva por sistemas de explotación é a seguinte: Miño Alto ao 68,6%, Miño Baixo ao 71,4%, Sil Superior ao 73,3%, Sil Inferior ao 62,0%, Cabe ao 58,3% e Limia ao 58,0%.

A situación da conca en hectómetros cúbicos, segundo a CHMS, é a seguinte:

Esta conca está asemade en prealerta por seca dende o pasado 13 de xaneiro. A situación agora é “de seca meteorolóxica pola escasez de precipitacións (590 l/m2 na última semana), supón un 40% por debaixo da media histórica”, tal e como indica o organismo de conca.

Ante esta situación dende a CHMS sinalan que se “activaron as medidas de concienciación social por un uso responsable do recurso, dacordo co recollido no Plan Especial da Seca”.

Artigos relacionados

Back to top button