
Veñen de finalizar os traballos de reparación dun talud adxacente á estrada N-120 á altura do P.K. 563, en Velle, iniciados no pasado outono. Isto significa que a partir deste xoves, 18 de xuño, poderase circular con normalidade en ambos sentidos por esta estrada, “unha vez retirados os semáforos que estiveron regulando en condicións de seguridade a circulación desde que o pasado mes de novembro de 2019 se producira un desprendimiento nesta zona”, segundo informa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).
As obras de reparación, que supuxeron un investimento de 2,5 millóns de euros, consistiron na retirada do material inestable, na estabilización do talud (mediante redes de cables e mallas ancladas, formigón proxectado, muros de escolleira) e na colocación de pantallas de protección para eventuais desprendementos. En total, estabilizouse unha superficie de 1 hectárea”, indica o ministerio.
Ademais dende Transportes anúnciase que nas próximas semanas realizaranse afeccións puntuais, para la reparación definitiva del firme en la zona de obras.