ConcellosO BarcoÚltima hora

Retirado do Sil un enorme obxecto que levaba semanas no río ao seu paso polo Barco

Podía verse dende o Paseo do Malecón da vila

 

Dende hai semanas un enorme obxecto, que semellaba un carrete de cableado, podía verse cando baixaba o cauce do río Sil dende o Paseo do Malecón do Barco. Contan os que pasean habitualmente pola zona que antes estaba máis arriba e que ten sido arrastrado pola corrente ata quedar nese punto.

O que era unha incógnita era exactamente que de tipo de obxecto se trataba e como chegou ao río. Pois esta mañá ese enorme obxecto era retirado por varios operarios do cauce do Sil ante a mirada atenta dos que circulaban polo lugar.

Fotos cedidas.

 

Back to top button