EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Reunión dos adegueiros participantes no VI Festival do Viño da Ribeira Sacra en Monforte co alcalde

Representantes das 34 adegas participantes coñecían na xuntanza os detalles organizativos do certame, previsto do 5 ao 7 de xullo nesta cidade

 

Representantes das 34 adegas participantes na sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte xuntáronse na tarde do 12 de xuño co alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, no Salón de Plenos da Casa Consistorial para coñecer os detalles organizativos deste certame, que se desenvolverá na primeira fin de semana de xullo, do 5 ao 7. No encontro tamén participaban a tenente de alcalde, Gloria Prada, e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

Así o rexedor monfortino deulles a coñecer as novidades no deseño dos espazos e dos stands que cada adega ocupará no certame, así como o deseño das zonas comúns, e todo o programa de actividades que rodea ao evento.

Sorteo de ubicacións dos stans das adegas

O encontro cos adegueiros e adegueiras participantes no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2024 serviu tamén para levar a cabo o sorteo público da ubicación do stand de cada adega no Festival, sorteo que se levou a cabo mediante a extración do nome de cada adega dunha caixa habilitada para a ocasión.

Deste xeito, a orde foi a seguinte, colocándose a partir do novidoso pórtico de entrada do Festival:

  1. Vía Romana
  2. Pazo de la Cuesta
  3. Portoás
  4. Asolagados
  5. Cividade
  6. Cruceiro
  7. Santa Mª de Nogueira
  8. Adega Vella
  9. Adega Carqueixa
  10. Alouviño
  11. Finca Cuarta
  12. Ponte da Voga
  13. Cardenal Rodrigo de Castro
  14. Lucenza
  15. Alma das Donas
  16. Tolo do Xisto
  17. Condado de Sequeiras
  18. Petrón
  19. Tear
  20. Finca Míllara
  21. Os Cipreses
  22. Algueira
  23. Regina Viarum
  24. Gullufre
  25. Abadía da Cova
  26. Guímaro
  27. Castrofiz
  28. Don Bernardino
  29. Rectoral de Amandi
  30. Peza do Rei
  31. Galanteiro
  32. Viña Vella
  33. A Man de Prado
  34. Malcavada

Tomé agradeceu aos adegueiros o seu compromiso e o interese en participar neste certame. Do mesmo xeito, o presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, que será o pregoeiro desta 6ª edición do Festival do Viño, agradeceu ao alcalde a promoción e a visibilidade que ten este Festival grazas ó traballo que se fai dende o Equipo de Goberno, e que tamén é posible pola colaboración dos adegueiros e adegueiras.

Pola súa banda, os adegueiros amosaron a súa satisfacción pola consolidación deste Festival do Viñe agradeceron ó Concello o interese e esforzo que fai ano a ano para organizar e celebrar un certame do que agardan atraia a milleiros de persoas a Monforte nesa fin de semana.

O alcalde tamén anunciou que o Paseo do Malecón permanecerá cortado dende o domingo 30 de xuño, para proceder á montaxe do Festival do Viño.

Back to top button