DeportesPiraguismoÚltima hora

Reunión dos clubs de piragüismo da provincia co secretario xeral para o Deporte

 

Representantes dos clubs de piragüismo da provincia de Ourense (Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Escola Municipal Orensana de Piragüismo, Fluvial Allariz, SCDX Fontefria e Fluvial O Barco) mantiñan onte unha reunión co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, no edificio da Xunta en Ourense. No encontro tamén participaban o xefe de Servizo provincial Manuel Pérez.

Os clubs ourensáns trasladáronlle no encontro “as principais eivas que ten o desenvolvemento deste deporte na provincia de Ourense, que como denominador común esta a falta de unhas instalacións axeitadas a lexislación vixente, ausencia de unha pista de piragüismo e carencias en material de competición e adestramento para a práctica deportiva. Posteriormente cada un dos asistentes, explicou polo miúdo as circunstancias particulares de cada club entregándolle ao secretario xeral un dossier coas características e problemática persoal de cada un dos clubs da provincia”, tal e como se informa dende a delegación en Ourense da Federación Galega de Piragüismo.

O secretario xeral amosou o seu interese por cada unha das peticións dos clubs da provincia, e comprometeuse a estudalas cos técnicos. Tamén sinalou que a Xunta de Galicia, a través de diversas convocatorias de axudas para material, está intentando paliar o déficit de material deportivo dos clubs deportivos de toda Galicia. A este respecto salientou que na última convocatoria, habían obtido axuda para comprar material catro clubs de piragüismo da provincia de Ourense, e que se ía continuar nesa liña de actuacións, tendo sempre en conta as necesidades de cada entidade deportiva, nas que se intentaría ter actuacións concretas en función das necesidades e da dispoñibilidade orzamentaria do seu departamento.

Artigos relacionados

Back to top button