OurenseÚltima hora

Rexístrase un tremor de terra de magnitude 3,2 con epicentro en Gomesende

 

Fonte: Instituto Xeográfico Nacional.

 

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta tarde un movemento sísmico de magnitude 3,2 con epicentro na localidade ourensá de Gomesende, que foi percibido pola poboación, aínda que sen causar danos.

“Tras producirse o tremor, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu, ao fío da unha da tarde, a chamada dun veciño de Lobios que aseguraba haber sentido un tremor sen que se producise ningunha situación de emerxencia. Así, postos en comunicación co Instituto Xeográfico Nacional, o persoal do CIAE 112 Galicia confirmou un movemento sísmico con epicentro en Gomesende”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button