DeportesÚltima hora

Ribadavia acollerá a Fase de Ascenso de primeira Nacional de Balonmán

Jose Luis Sánchez, Bernardino González, Jose Ignacio Gómez, Manuel Doval, José Manuel Pérez, Rodrigo Touza e David Vázquez.

O Pavillón Municipal de Ribadavia acollerá do, 12 ao 14 de maio, a Fase de Ascenso a 1ª División Nacional masculina de Balonmán.

A presentación da competición tivo lugar hoxe, 11 de maio, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Ao acto acudiu o deputado provincial, Manuel Doval; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez; o presidente da ADC Ribeiro, José Luis Sánchez; o alcalde de Ribadavia, Jose Ignacio Gómez; o xogador do equipo, Rodrigo Touza; e o adestrador do equipo, David Vázquez.

O deputado provincial dixo que o ascenso do equipo Carnes do Ribeiro a primeira División Nacional suporía “levar o nome do Ribeiro por todo o territorio nacional a través do deporte”.

A competición comezará o venres, 12 de maio, ás 18:00 horas, co partido entre o equipo Claret e o Bm.Alcobendas e, ás 20:00 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra Bm. Rocasa.

Ao día seguinte, 13 de maio, o primeiro partido da xornada comezará ás 18:00, e terá como protagonistas no parqué ao Carnes do Ribeiro e Claret e seguiralla, ás 20:00 horas, o partido entre o Bm. Rocasa e Bm. Alcobendas.

O domingo, 14 de maio, a xornada de competición dará comezo ben cedo, ás 10:30 horas, co partido que disputarán os equipos Claret e Bm. Rocasa e, por último, ás 12:30 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra o Bm. Alcobendas.

O custo das entradas diarias será de 5 euros para ver os dous encontros de cada xornada ou de 12 euros dun bono para ver os seis partidos mentres que, para os socios dos clubs participantes, o acceso será gratuíto.

Artigos relacionados

Back to top button