En portadaÚltima hora

Río convoca unha reunión para concellos de menos de 5.000 habitantes sobre fondos Next Generation

Está prevista para o vindeiro martes e nela abordaranse as axudas “Potenciación da actividade comercial en zonas rurais”

Oficina municipais do Concello de San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

O vindeiro martes 21 de Setembro, as 16:30 h. o Concello de San Xoán de Río vén de convocar nesta localidade unha xuntanza para concellos de menos de 5.000 habitantes con consultores expertos en financiación pública polos fondos de Next Generation para as axudas: “Potenciación da actividade comercial en zonas rurais”. O prazo de presentación vai do 14 de setembro ao 6 de outubro e teñen un orzamento duns 4,8 millóns de euros.

Así o vén de anunciar o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua. “Pretendemos aglutinar varios concellos para presentar unha ou varias candidaturas a estos fondos da forma mais eficiente posible e que poden ser bonificados ata un 100%”, asegura.

Os gastos subvencionables desta liña de axudas son os dirixidos á transformación dixital, os relacionados coa transformación do punto de venda, os relativos a sostibilidade e economía circular, os vinculados á cadea de subministro e trazabilidade e os de formación, sensibilización e campañas.

Artigos relacionados

Back to top button