ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O río Sil cubre parte da praia fluvial do Barco tras as últimas chuvias

As precipitacións caídas nas últimas horas facían medrar o curso do río Sil ao seu paso polo concello do Barco de Valdeorras. Coa crecida, parte da praia fluvial do Malecón está agora cuberta pola auga, tal e como pode apreciarse nestas imaxes.

Segundo os datos da Confederación Hidrográfica Miño Sil ás 12h. do 10 de marzo, a altura do río Sil ao seu paso pola vila era de 1,88 m, mentres que ás dez da mañá do vernes 9 de marzo o rexistro de altura era de 1,37 m. Tendo en conta as previsións de chuvia e o aviso de temporal para esta fin de semana, o río podería seguir medrando nas próximas horas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button