Polas rúas de Riomao (A Veiga) volvía saír en procesión o pasado domingo, 12 de xuño, o patrón da localidade, San Antón de Padua. Posteriormente tiña lugar a misa. Deste xeito a veciñanza retoma esta celebración que non se facía dende o 2019 por mor da pandemia.
“Nesta localidade tan só residen durante ao ano tres veciños, pero o día da festa reuníanse numerosos descendentes desta parroquia”, explican os veciños.
Tras o acto relixioso os asistentes compartían comidas familiares nas casas rehabilitadas, entre elas estaba da familia Fernández Balboa.
Fotos cedidas.