CulturaCulturaÚltima hora

A Romaría Etnográfica Raigame entrega os premios de fotografía 2017

O acto de entrega celebrarase este sábado, 4 de novembro, na Sala dos Arcos do Concello de Vilanova dos Infantes
“Complicidade” de Marcos Sandianes. 

A Sala dos Arcos do Concello de Celanova acollerá mañá, 4 de novembro, o tradicional acto de entrega dos premios de fotografía que cada ano se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame e que, como é sabido, ten lugar cada 17 de maio en Vilanova dos Infantes.

A entrega dos premios terá lugar ás 12:00 horas, con motivo da inauguración da exposición fotográfica que tamén se organiza anualmente coincidindo co Outono Fotográfico e que estará na Sala dos Arcos do Concello durante o que resta do mes de novembro, baixo o título tradicional coa que se presenta esta mostra: “Estampas dunha romaría”.

En canto aos galardoados. O premio a “Mellor serie fotográfica”, dotado de 300 euros, foi para o traballo presentado baixo o título “Complicidade”, de Marcos Sandianes Suárez. Na categoría de “Mellor Fotografía”, o primeiro premio de 300 euros foi para o traballo “O encanto dun momento”, de Beatriz Cabanelas. O segundo, de 200 euros, foi para “Retrato de familia”, de Isabel Janeiro e, finalmente, o terceiro galardón (de 150 euros) foi para o traballo “Foliada”, de Manuel Pazos.

En canto aos accésits, o xurado acordou concederllos aos seguintes traballos: “Modista”, de Ana Iglesias; “Leda” e “Romeiras”, de Manuel Pazos Vázquez; “Miña nena”, de Isabel Janeiro Touriño; “As fiandeiras”, de José Manuel Nóvoa Blanco; “Hilandera”, de Mercedes Bosquet Herreros; “O pasado”, de Encarna Pérez Mugüerza; “Unha vida entre fíos”, de Silvia María Peña Pérez.

Na parte de “Concurso de Fotografía Temática”, dedicado este ano ao Museo do Pobo Galego, o xurado acordou conceder “ex aequo” entre os traballos seguintes:

Un premio de 150 euros ao traballo presentado co título “Felo de Garabás”, de José Manuel Nóvoa Blanco, “pola singular visión e o movemento conseguido na imaxe dun personaxe non menos singular e descoñecido do entroido ourensán”, rexa a acta do xurado.

O segundo premio de 150 euros foi para o traballo presentado co título “Mirada Galega”, de Isabel Janeiro Touriño, “polo persoal encadre da imaxe, a harmonía dos trazos e a capacidade de síntese conseguida ó conxugar a fermosura do futuro coa forza da tradición.

Artigos relacionados

Back to top button