
A localidade ourensá de Leiro celebra cada ano dun xeito moi especial o comezo da recollida da uva cunha Festa da Vendima que o pasado 24 de agosto cumpría 25 anos.
A lectura do pregón desta edición corría a cargo da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que estivo acompañada neste acto polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, entre outras autoridades.