CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Rosana Orsini e J. Manuel Dapena enchen o aforo de Santa Cristina (Parada de Sil)

 

No derradeiro concerto do ciclo “Santa Cristina In Música”, celebrado na pasada fin de semana en Parada de Sil (dentro do concepto de Diálogo musical na Ribeira Sacra),  a organización colgou o cartel de completo. Tratábase da versión a dúo do guitarrista J. Manuel Dapena e da soprano Rosana Orsini coa interpretación do “Stabat Mater” de Bocherini.

Os asistentes puideron desfrutar coa voz da artista formada na Universidade de Minas Gerais, en Manhattan, na Royal Academy Musico de Londres, converténdose nunha auténtica especialista no Barroco. Foi directora artística para a posta en escea de varias óperas.

Tamén na guitarra J. Manuel Dapena, que tivo como mestre, entre outros, a David Russel e dende a súa presentación no Carnegie Hall, consolidou unha carreira de grande proxección, sendo cualificado pola prensa especializada de EE.UU. como “un guitarrista de talento e un expoñente artístico da cultura española”.

 

 

O público volcouse tanto cos artistas que estes brindaron dúas propinas, unha obra de José de Nebra da época de Bocherini e o famoso Ave María de Shubert. Despois do éxito acadado, nesta edición que pon de relevo unha vez máis que é posible darlle vida ó rural, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, xa está a planificar a próxima .

Tamén amosa o seu agradecemento o rexedor ao público asistente que se desprazase a Santa Cristina, así como á “empresa coordinadora do evento Shelly Art, que se atrevese nun concello de menos de 600 habitantes a pór en práctica este extraordinario diálogo músical na Ribeira Sacra que xunto coa actuación de Iman Kandoussi e Aziz Samsaoui a fin de semana anterior fixeron as delicias do público con músicas completamente diferentes”.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button