ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa mobilízase contra o peche da venda directa de billetes na estación de tren

O Concello convocaba un acto o 2 de febreiro para informar da posible eliminación deste servizo en catro estacións da provincia e para recoller sinaturas contra esa medida

 

A praza do Concello da Rúa acollía na tarde do 2 de febreiro un acto público para informar á cidadanía sobre o posible peche por parte de Adif do servizo de venda directa de billetes na estación de ferrocarril deste municipio, así como nas do Barco, Ribadavia e O Carballiño.

Unhas 150 persoas participaban neste acto no que a alcadesa ruesa, María G. Albert, amosaba a postura contraria do Concello fronte a esta medida que. Como xa adiantaba hai uns días a través dun comunicado,  González Albert considera que a estación desta localidade “ten sido até o de agora un claro foco de desenvolvemento e ao seu redor ten crecido boa parte da vila moderna ao longo do século XX”.

Tamén apuntaba a rexidora que no 2016 foron despachados na estación ruesa un total de 10.229 billetes, “é, polo tanto, un servizo absolutamente necesario para a poboación”. Ademais comentaba que a media de recaudación/mes por venda de billetes é de 12.933 euros e que nese ano os viaxeiros de orixe e destino da estación foron 22.504.

No acto, no que participaban representantes dos tres partidos políticos con presenza na Corporación ruesa (BNG, PP e PSdeG-PSOE), tamén se iniciaba unha recollida de sinaturas en defensa destes servizo na estación ruesa.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button