ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá celebrará o seu magosto interparroquial, misioneiro e solidario, o domingo 12 de novembro

 

Un ano máis Rubiá prepárase para o seu magosto interparroquial, misioneiro e solidario. Será o domingo 12 de novembro ás 16:30 horas xunto á igrexa e coma sempre a entrada será “gratuíta para todos e poderanse degustar chourizos, touciño entrefebrado, castañas, doces e queimada”, tal como adianta o párroco, Daniel Pérez.

El mesmo explica que durante a celebración venderanse rifas para participar no sorteo dun xamón. “A metade da recadación destinarase ás misións (Domund) e a outra metade á axuda dun orfanato situado en Filipinas, no que se atopa unha misioneira de Rubiá, a irmá Lourdes, que nos visitou o verán pasado”, explica o sacerdote, destacando que, por unha banda, “a nosa achega económica favorecerá a alimentación duns 60 nenos que viven en devandito orfanato situado nun barrio marxinal” e por outra, “serviría para conseguir o mobiliario básico e necesario do cal está desprovisto”, polo que convidan a todas as persoas a participar deste magosto fraterno e misioneiro.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button