ConcellosO BarcoRubiáÚltima hora

Rubiá e zonas barquenses como a vila do Castro e Veigadecabo, sen luz dende as nove desta mañá

Vista de Rubiá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A veciñanza e os empresarios de Rubiá e de zonas barquenses como a vila do Castro e Veigadecabo amosan o seu malestar pola falta de subministro eléctrico que están a sufrir dende as nove desta mañá. No intre de escribir estas liñas aínda non se restablecera ese subministro.

Segundo a información facilitada por veciños e empresarios, que chamaron varias veces á empresa subministradora ao longo da mañá, na compañía non puideron dicirlles cando poderían recuperar o servizo de electricidade.

 

Vila do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button