ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá recupera o seu magosto interparroquial este domingo 20 de novembro

Asando castañas no ano 2019./ Foto cedida.

 

Tralo parón durante os anos de pandemia, a parroquia de Rubiá recupera neste 2022 o seu magosto para as diferentes parroquias do municipio, unha decisión tomada dende o Consello Interparroquial, para este domingo 20 de novembro.

Tal como explica o párroco Daniel Pérez, o programa comezará ás 16:30 horas cunha misa en torno ás Misións (Domund) coa colecta para enviar aos países do terceiro mundo e despois, en torno ás 17 horas a xente xuntarase para celebrar o magosto tradicional. Haberá panceta, chourizos, castañas asadas e incluso unha pequena queimada”, adianta o párroco, engadindo que tamén se sorteará un xamón e todo o recadado coa venda das rifas destinarase á colecta do Domund.

 

Asando os chourizos na última edición do magosto interparroquial de Rubiá. /Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button