SanidadeÚltima hora

Rubiá sairá á rúa o 17 de novembro en defensa da segunda praza de médico do Centro de Saúde

A manifestación partirá ás cinco da tarde dende a praza do Concello e percorrerá a vila ata o Centro de Saúde
Cartel da manifestación.

Manter dúas prazas de médico de familia no Centro de Saúde de Rubiá. É a demanda que defenderán na rúa o vindeiro sábado 17 de novembro os veciños deste municipio valdeorrés. Así dende a Plataforma Sanitaria de Rubiá (que conta co apoio da Plataforma Sanitaria de Valdeorras) está convocada unha manifestación para o vindeiro sábado 17 de novembro ás 17h. Partirá dende a praza do Concello de Rubiá, e tras percorrer a estrada xeral da vila, concluirá xunto ao Centro de Saúde, onde se procederá á lectura dun manifesto.

A decisión de levar a cabo este acto reivindicativo tomábase no marco da xuntanza veciñal que tiña lugar o 6 de novembro na Casa da Cultura de Rubiá e na que participaban unhas 200 persoas. Nela contábase con representantes dos diferentes grupos políticos do muninicipio (PP, PSdeG-PSOE e BNG), así como co responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Julio García, quen explicaba a postura do Sergas ante este tema.

Artigos relacionados

Back to top button