ConcellosÚltima hora

Ruta de outono polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

O Concello de Rubiá organiza o 20 de outubro unha actividade de sendeirismo pola "Ruta das Galegas"

Os Penedos de Oulego, dentro do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata o vindeiro mércores 16 de outubro será posible inscribirse na Ruta das Galegas, que organizará o Concello de Rubiá o 20 de outubro dentro do programa “Rutas de Outono polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra”.

Trátase dunha andaina duns 8 km de distancia, liñal e de dificultade media, que partirá dende Oulego e terá como destino Biobra. Tamén se visitará o Centro de Interpretación do Parque, situado nesta última localidade.

O prezo da inscrición será de 5 euros e incluirá un autobús dende Rubiá ata Oulego, así como a volta dende Biobra.

Máis información e inscricións: Concello de Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button