Dende Pradoalbar (Vilariño de Conso) partía ás 15:30h. do sábado 3 de abril unha ruta na que se engarzaba deporte, natureza e patrimonio e que tiña como destino o xacemento arqueolóxico do Castelo de Cerveira. Eran 10 km dun fermoso traxecto no que participaban 50 persoas e no que se gardaban en todo momento as medidas de seguridade sanitarias.
Esta ruta permite descubrir a paisaxe deste entorno de montaña, pero tamén a súa memoria a través de diversos restos arqueolóxicos de diferentes épocas, “tales como unha ponte ou unha fortificación levantada con rochas de lousa, así como vestixios de cabanas e habitáculos”, tal e como se destaca dende a Asociación Vive Vilariño, organizadora da ruta.
Con esta iniciativa esta entidade aposta por “poñer en valor dita ruta, camiñando por estes montes”.
Fotos cedidas.