ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Ruta gastroliteraria, coa participación de escritores locais, o 17 de maio en Viana do Bolo

 

Cunha proposta que mestura literatura e gastronomía celebrarase en Viana do Bolo o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2024 á autora coruñesa Luísa Villalta.

“Dende o Concello de Viana do Bolo queremos celebrar esta data tan importante para a nosa lingua e literatura co “Rueiro das Letras”; un orixinal e entretido percorrido polas obras literarias de autoras e autores da nosa contorna”, explican dende o grupo de goberno vianés.

Trátase dunha ruta gastroliteraria (que non precisa inscrición previa) que comezará ás 12:30h. dende a rúa da Igrexa. Nela está prevista a participación de autores locais como Manuela Vicente, Carlos X. Ares, Nieves Fernández Vidueira, Jesús Salgado e Puri Estévez.

Artigos relacionados

Back to top button