ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Ruta para celebrar o “San Xoán” en Vilariño de Conso, o 26 de xuño

 

De cara a esta fin de semana a Asociación Vive Vilariño, en colaboración co Concello, vén de organizar unha actividade de sendeirismo no marco da celebración do San Xoán. “O vindeiro día 26 de xuño desde Sabuguido percorreremos o sendeiro que nos leva ata Edrada, aldea na que se honra a San Xoán ano tras ano”, explican dende esta entidade.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no 618 39 34 88 ou ben nas redes sociais de Vive Vilariño.

A ruta partirá ás 18h. do sábado 26 de xuño dende a aldea de Sabuguido e irá ata Edrada. Será unha ruta de ida e volta. Dende a organización aconsellan levar “bastón, auga, gorra e calzado adecuado”.

Artigos relacionados

Back to top button