ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Saboroso e animado xantar de Magosto en Manzaneda

 

Unhas 130 persoas xuntábanse este domingo 6 de novembro en Manzaneda arredor da mesa para celebrar o xantar de Magosto, organizado pola Asociación Cultural A Trabe e coa colaboración do Concello de Manzaneda. Desenvolvíase na nave municipal.

 

 

Os comensais, que pagaban unha entrada de 5 euros, desfrutaban dun saboroso menú a base de empanadas (de carne e bonito), de chourizos cocidos, costelas, castañas asadas, e como sobremesa, bica e magdalenas de chocolate. Ademais os veciños levaban bebidas, como viño e licores que compartían.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button