EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Samaca e Irosa reciben unha notificación da Xunta que fixa o 7 de febreiro para “proceder ao pago e levantamento da acta de ocupación” dos terreos

Deste xeito, aclaran as empresas, "o risco de perder os 300 postos de traballo queda resolto"

Vista das parcelas onde están as naves afectadas.

 

As empresas Irosa e Samaca veñen de emitir esta tarde unha nota de prensa con relación ao desafiuzamento promovido pola Comunidade de Montes de Portela e Trigal e a posible perda de 300 postos de traballo no sector da lousa.

No texto enviado aos medios, as empresas critican a xestión que está a levar a cabo a xunta directiva da citada comunidade de montes. Así mesmo, Irosa e Samaca responden ao comunicado emitido onte pola comunidade de montes facendo públicas as condicións que lles puxeron para arrendar os terreos. Así, segundo estas empresas estas condicións, entre outras, eran as seguintes:

“transferencia da propiedade dos terreos onde están as naves de Irosa e Samaca (fincas propiedade de Irosa e Samaca), retirar o expediente de declaración de utilidade pública, co compromiso de que non se promoverá novamente establecendo indemnizacións, en caso contrario, de 500.000 euros, e subscribir contratos de arrendamento: un con Irosa e outro con Samaca. Prazo de cinco anos, sen ceder a terceiros”.

Por outra banda, Irosa e Samaca anuncian que veñen de recibir da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia “unha notificación, fixando o día 7 de febreiro, para proceder ao pago e levantamento da acta de ocupación, co que o risco de perder os 300 postos de traballo queda resolto. Grazas ao esforzo e funcionamento das administracións públicas, seguiremos traballando normalmente, e moito máis tranquilos”.

Artigos relacionados

Back to top button