O Concello de San Xoán de Río programa, para o vindeiro xoves 20 de agosto, unha masterclass de esgrima antiga. A actividade será de acceso gratuíto e terá lugar na Praza da Igualdade ás 18:00h. Se a meteoroloxía non fose favorable, o obradoiro trasladarase ao pavillón municipal. Na organización tamén colabora a Asociación Ourensá de Esgrima Antiga.
A masterclass estará impartida por Marcos Ferro e oriéntase tanto a persoas adultas como a adolescentes maiores de 14 anos. Dende a organización recomendan traer roupa cómoda e destacan que o uso de mascarilla sanitaria será obrigatorio.