For Dying Towns, the Pandemic Offers Challenges-and Hope ou o que é o mesmo ‘Para os pobos en perigo de extinción, a pandemia ofrece desafíos e esperanzas’. É o título da reportaxe que hoxe publica o xornal americano “The Wall Street Journal”, sobre o concello ourensán de San Xoán de Río.
Ao longo do artigo, ilustrado con varias imaxes de Río, a xornalista Isabel Coles fai un percorrido polo devir deste municipio que malia ter unha poboación envellecida, está aproveitando as vantaxes que sempre aportan as crises, neste caso a sanitaria. “Se Europa xa é o continente máis antigo do mundo, cunha idade promedio de 44 anos en 2020, a idade media nalgúns municipios da provincia de Ourense, onde se atopa San Xoán de Rio, xa supera os 60 anos”, reza o artigo, explicando que a pandemia expulsou a algunhas persoas das cidades cara municipios rurais onde os desafíos demográficos de Europa son máis pronunciados.
Tal é o caso de San Xoán de Río onde regresou un goteo de persoas cando España entrou en confinamento en 2020. “Os números eran relativamente pequenos, pero cada cabeza conta nun lugar onde hai como máximo dous nacementos ao ano e 10 veces máis mortes. Por primeira vez desde 1950, a poboación non diminuíu no primeiro ano da pandemia, estabilizándose nuns 500 habitantes, e estaba en camiño de crecer lixeiramente en 2021”, asegura o artigo que tamén fai referencia a outros concellos do oriente ourensán como Vilariño de Conso.
O artigo completo pode lerse nos seguintes enlaces: For Dying Towns, the Pandemic Offers Challenges—and Hope – WSJ
https://espanol.news/para-los-pueblos-moribundos-la-pandemia-ofrece-desafios-y-esperanza/