SanidadeÚltima hora

Sanidade manterá as restricións vixentes nos distintos concellos e comarcas da provincia

Así se acordaba na reunión que o subcomité clínico da Consellería de Sanidade celebraba esta mañá

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa.

 

Tendo en conta a evolución da situación epidemiolóxica da provincia de Ourense e a do resto de Galicia, o subcomité clínico de brotes da Consellería de Sanidade acordaba, na reunión celebrada este venres, manter as restricións vixentes nos distintos concellos e comarcas da Área Sanitaria de Ourense, Verín é O Barco de Valdeorras, así como as implantadas no resto da Comunidade Autónoma, coa excepción de Ortigueira, na que se levantan as medidas dada a sús boa evolución.

Así se anunciaba en rolda de prensa tras a xuntanza. Nela participaban o conselleiro de Sanidade, Julio García, o xerente do Sergas, José Flores, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; ademais do presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes; e por videoconferencia, Tato Vázquez Lima e Sergio Vázquez, membros do Comité clínico.

Os membros do comité indicaban que en Ourense obsérvase unha tendencia á estabilización na curva de contaxios, pero continúa a ser con gran diferenza co resto de Galicia a zona con maior incididencia: 455.2 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días fronte á taxa galega de 136.84 e a do estado de 265.19 neste mesmo período.

Na provincia preocupa especialmente a evolución do Concello de O Carballiño con 165 casos novos nos últimos 14 días e 93 nos últimos 7.

A nivel asistencial hoxe en na Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexístranse 105 pacientes ingresados, 13 deles nas unidades de críticos, 78 nas plantas do Hospital Universitario, 3 en Valdeorras, 10 en Verín e 2 nos centros privados.

Artigos relacionados

Back to top button