CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Santa Cristina in música” arranca con éxito en Parada de Sil

O primeiro dos concertos deste ciclo, a cargo de Iman Kandousi e Aziz Samsaoui, tiña lugar a pasada fin de semana

 

Vén de celebrarase o primeiro dos dous eventos do ciclo “Santa Cristina in música” coa actuación de Iman Kandousi e Aziz Samsaoui, organizado polo Concello de Parada de Sil e coordinado por Shelly Art co aforo practicamente completo.

Este ciclo que vén promovéndose dende fai seis anos, este ano cambiou de empresa e o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradeceu ao público a súa presenza así como a empresa que asumiu o reto.

O concerto estivo a cargo de dous magníficos músicos que teñen actuado con artistas como El Lebrijano e a nivel internacional en Portugal, Marrocos, ou Estonia entre outros lugares.
Durante unha hora o público puido escoitar e desfrutar de disintas cancións-poemas de poetas Andalusíes baixo o título de “Nubas e melodías de Al-Andalus” das que explicaban en perfecto castelán o seu contido.

 

 

Rematado o concerto os artistas emocionados coa acústica, o medio natural e o público amosaron publicamente o seu de sexo de voltar coa familia para visitar con calma a zona dende Granada e Sevilla, onde residen.

Agora xa está en marcha organización do concerto do próximo sábado a cargo de Rosana Orsini e Jose Manuel Dapena que completarán o Diálogo Musical na Ribeira Sacra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button