ConcellosPetínÚltima hora

Santiago Macías presenta o seu libro “El monte o la muerte” en Petín

O acto tiña lugar nesta tarde de 29 de agosto na Casa da Cultura

 

A Casa da Cultura de Petín acollía nesta tarde 29 de agosto, a presentación do libro “El monte o la muerte” de Santiago Macías. Tiña lugar ás 20:00 horas e contaba coa presenza da alcaldesa do municipio, Raquel Bautista, quen lle recordaba ao autor que “Petín sempre o vas ter aberto para os teus próximos proxectos”.

Este libro relata a loita armada da guerrilla antifranquista despois da Guerra Civil no noroeste español, facendo fincapé nas zonas do Bierzo e Valdeorras. Está estructurado a través da vida de do guerrilleiro Manuel Girón e dunha investigación con documentos e testemuños. “Elixín a Manuel Girón porque foi a primeira persoa que se botou ao monte, unha semana despois do alzamento sublevado, o 25 de xullo de 1936”, explicaba Santiago Macías.

 

Asistentes ao acto.

 

“El monte o la muerte” vai pola súa quinta edición e conta co prólogo do escritor Julio Llamazares e de Joseph Girón Bazán.

O autor recordaba no acto que cando publicou a primeira edición do libro “tiven unha oferta de traballo en Ferrol e ao tempo que presentaba o libro, xa o estaba ampliando, xa que no arquivo militar estaba toda a documentación do período franquista”. Para esta ampliación, Santiago Macías recopilou trescentas mil fotografías.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button