En portadaÚltima hora

Sendeirismo para saborear a paisaxe de Vilariño de Conso e celebrar o San Xoán

Unhas 41 persoas participaban nesta fin de semana nunha ruta promovida por Vive Vilariño

 

Dende a aldea de Sabuguido (Vilariño de Conso) ata Edrada. Era o traxecto, de ida e volta, da ruta de sendeirismo organizada no marco da celebración do San Xoán por parte da Asociación Vive Vilariño en colaboración co Concello.

Así o percorrido que realizaban a partir das 18:30h. do sábado 26 de xuño os 41 participantes nesta actividade levábaos ata Edrada, aldea na que se honra a San Xoán ano tras ano.

Nesta ruta, os sendeiristas podían desfrutar das fermosas paisaxes de montaña do municipio de Vilariño de Conso, ademais de coñecer as súas singulares aldeas e algunhas das actividades ligadas a elas como, por exemplo, a apicultura ou a gandería.

Fotos: Vive Vilariño.

 

Artigos relacionados

Back to top button