Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Sendeirismo pola Ruta da Ortiga (Vilariño de Conso), o 15 de maio

Esta actividade, que partirá da localidade de Edrada, será organizada pola Asociación Vive Vilariño

 

Bordea o Parque Natural do Invernadeiro (Vilariño de Conso), ofrecendo unhas vistas espectaculares. A coñecida como “Ruta da Ortiga” parte da aldea de montaña de Edrada, continuando por antigos camiños ata o Pico da Ortiga, “que grazas á súa altitude permite divisar a inmesidade do Parque Natural do Invernadeiro, a Cabeza de Manzaneda, Peña Trevinca e un sen fin de lugares”, tal e como destacan dende a Asociación Vive Vilariño.

Precisamente este percorrido será obxecto dunha actividade de sendeirismo promovida por Vive Vilariño e que está prevista para o vindeiro 15 de maio. Para anotarse será preciso poñerse en contacto coa entidade a través da súa páxina de facebook ou no 618 39 34 88.

A saída está prevista ás 9:15h. dende Edrada e o traxecto terá uns 10 kms de distancia (entre ida e volta). “A dificultade é alta, xa que o tempo aproximado para realizala é de 4 horas e media. O terreo está limpo e conta con monte baixo ao redor. E recoméndase levar bastón, bebida, gorra, calzado adecuado e un petisco para a metade de camiño”, indican dende Vive Vilariño.

Ademais faise fincapé na “na importancia do uso de mascarillas, así como de manter as medidas de distancia necesarias”.

Artigos relacionados

Back to top button