Carlota, unha arquitecta separada, cun fillo adolescente e que decide darlle un xiro á súa vida, é a protagonista do último libro de Silvia Salgado. Trátase da novela “La aldea”, que a autora presentaba na tarde do 4 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín, nun acto no que estivo acompañada pola concelleira de Turismo, Purificación Caldelas.
Semana adicada aos maiores
Por outra banda, na tarde do 1 de outubro, e dentro da semana adicada na Biblioteca de Verín “aos nosos maiores”, tiña lugar una conferencia de Miguel Losada titulada “De vello gaiteiro… O espazo social das persoas maiores na Galicia hoxe”, na que se poñía de manifesto a sociedade existente hoxe no contexto galego. Dende a biblioteca agradecíase “a colaboración, unha vez máis, de Miguel Losada, de xeito totalmente desinteresado”.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.