ConcellosÚltima horaVilamartín

Sinalízase o límite de velocidade a 30 km/h nas travesías de Vilamartín

 

Dende o Concello de Vilamartín vén de informarse de que se está a proceder ao pintado de sinalización horizontal e tamén a instalación de sinalización vertical coa limitación da velocidade a 30 km/hora nas travesías de Arcos, Vilamartín e de San Miguel.

“Nestes tramos o límite de velocidade estaba en 50 km/h pero agora pasou a 30 km/h, polo tanto hai que ter moito coidado, xa que estamos notando que en puntos como Arcos ou San Miguel hai vehículos que pasan a velocidades esaxeradas”, indica o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

Tamén aconsella o rexedor que os condutores que circulan do Barco ao Rúa non utilicen a N-536 “porque é moi difícil manter a velocidade xa que trátase de tramos rectos que son moi longos”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button