ConcellosSoberÚltima hora

Sober suma unha nova centenaria, Emilia Rodríguez

 

A veciña de Sober Emilia Rodríguez López, natural de Froxán (Proendos), cumpre neste 10 de setembro 100 anos.

Emilia celebrou o seu centenario nun restaurante de Sober acompañada do seu único fillo José Ramón e dos seus familiares e amigos. Tamén recibiu a visita do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen a felicitou en nome de todo o Concello e lle fixo entrega dun ramo de flores.

Sober conta a día de hoxe con dez persoas centenarias, 8 mulleres e 2 homes.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button