ConcellosÚltima hora

As súas maxestades agasallarán aos cativos de Verín cun libro dos Bolechas

A cabalgata comezará ás 17:00 horas e logo as súas maxestades irán ao Pavillón Municipal
Os reis subirán ao escenario no Pavillón Municipal.

Os tres Reis Magos chegarán ao concello de Verín a partir das 17:00 horas deste xoves. A tradicional cabalgata percorrerá as rúas de Verín pero, con anterioridade, ás 16:00 horas, acudirán á Residencia de Anciáns Santa María, para entregarlle presentes aos maiores residentes.

A comitiva das súas maxestades de Oriente iniciarán o seu percorrido na Casa do Escudo e, tras percorrer a avenida Luís Espada, Deputación e Irmáns Moreno, concluirá a súa viaxe no Pavillón Municipal de Deportes, onde terá lugar unha gala, na que participarán a alcaldesa infantil e os seus concelleiros, e se repartirá entre os nenos o libro “Os Bolechas van a Verín”, recentemente editado polo Concello para promover o municipio.

A apertura das portas do Pavillón Municipal será ás 17:15 horas. O público que acceda recibirá unha invitación, na propia entrada, co fin de controlar o aforo dun modo exacto. Tras a entrega dos libros por parte dos Reis Magos, os nenos e nenas e adultos que salgan do recinto, non poderán volver a entrar no mesmo.

Concerto de Reis 

Por outra banda, o venres 6 de xaneiro, a partir das 20 horas, a igrexa da Mercé de Verín acollerá o tradicional Concerto de Reis, organizado pola Asociación Verinense Amigos da Música. Durante o mesmo, no que colaboran a Comunidade Mercenaria e Concello de Verín, a Coral de Verín interpretará panxoliñas como: “Adeste Fideles”, “Feliz Nadal”, “Meu Carrapuchiño”, “Esta noite naceu”, “Señora Doña María”, entre outras. Todas as panxoliñas foron adaptadas e arranxadas para a Coral de Verín por Edelmiro Mateo.

Artigos relacionados

Back to top button