CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Suspéndese o concerto de Abe Rábade e Davide Salgado no CourelSon 23 por mor do mal tempo

 

Dende a organización do CouelSon 23 vén de comunicarse a suspensión do concerto do previsto para mañá no souto de Miraz ante as previsións meteorolóxias, q”ue avisan dun 100% de tronada con alarta amarela por auga e raios”.

Tendo en conta estas circunstancias, “pola seguridade dos músicos e pola das persoas que ían participar no concerto, aprazamos a actuación de Abe Rábade e Davide Salvado de mañá, volvendo citarvos para o vindeiro 30 de xuño.  As previsión do tempo impedirían que o concerto se desenvolvera nas mellores condicións, no mellor espazo e cos mellores músicos, polo que preferimos cambiar a data para que todo se desenvolva segundo o previsto”, explican os organizadores do evento.

Artigos relacionados

Back to top button