ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Suspendida a actuación do Mago Teto en Viana pola previsión meteorolóxica

A actuación estaba programada para este luns, 17 de agosto, ás 21:00h e ás 23:00h

O Mago Teto na actuación do pasado venres, 14 de agosto, en Viana.

 

O Concello de Viana do Bolo ven de anunciar que queda suspendida a actuación do Mago Teto prevista para hoxe, luns 17 de agosto. A decisión está motivada pola previsión de precipitacións e baixas temperaturas, segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). O evento tiña, nun principio, dous quendas: unha primeira ás 21:00h e outra ás 23:00h e íase celebrar na Praza do Castelo. Dende o Concello anuncian que tentarán reprogramar a actuación para próximas datas.

 

Artigos relacionados

Back to top button